domingo, 10 de junio de 2018

AS CATRO ESTACIÓNS DO CARBALLO DA ESTIVADA


Técnica: Collage, papier collé
Medidas: 85 X 72 cm.

RETRATOS DE CARMUCHA

Técnica: Acrílico / Lenzo
Medidas: 41 X 33 cm.
Técnica: Acrílico / Lenzo
Medidas: 35 X 27 cm.



















miércoles, 7 de febrero de 2018

XURUCIDO E MARQUESADO





ACRÍLICOS

   
A serra
O machado
A anxola

    
O coitelo
O mazo e a goiba
O trade

A llerga
O bastrén
O rebocador

A tinxidura

O repinisco
O zoqueiro e as zocas

A muller e as zocas 
O amor e as zocas


    









En verbas do etnógrafo e escritor ourensán Xaquín Lourenzo “Xocas” o oficio de zoqueiro é un “Oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case tódolos campesiños foron zoqueiros e dedicaban os finais do verán a facelos “paus” precisos para o seu calzado e o da súa familia”. Era un oficio de tempada, que se compaxinaba con outras tarefas do fogar, agrícolas ou gandeiras. Os zoqueiros facían as zocas, calzado habitual entre as xentes dun país húmido e aberto ás choivas e neves das longas invernías. Adoitaban traballar nos seus obradoiros pero ao remate do outono podían ser ambulantes e zoquear polas casas facendo os encargos que lles pedían. 

Antes, ademais das conversas entre os veciños que se levaban a cabo no adro da parroquia ao rematar a misa, tamén se facían as tertulias nas barberías, nos obradoiros dos ferreiros, e nos dos zoqueiros… Estes lugares servían de centro de reunión onde se debatía entre os veciños os temas máis diversos.

Na primeira metade do século pasado, había obradoiros en tódalas parroquias do Valadouro. En San Tomé, estaba o dos zoqueiros Xurucido e Marquesado, a comezos dos anos 30, onde facían unhas zocas tan ben feitas que seica acaían coma zapatos… foi o calzado que levaron algúns emigrantes do val ás Américas. 

Alí, naquel obradoiro, no medio das zocas, dos tronzóns para cortar os bidueiros e facer as toradas, os machados, as llergas, os trades, goivas, bastréns e demais ferramentas, Xurucido e Marquesado, eran tamén músicos e tocaban tódolos días cos seus acordeóns as pezas que, nos días de festa, interpretaban nos salóns de baile. 

                                                     Fíxose zoca chinela 
                                                     a gracia da abidueira. 
                                                     E vai marcando na acera 
                                                     os puntos da muiñeira! 

 Alí, aproveitando os días de choiva, xuntábanse os homes do lugar a parrafear e informarse do que pasaba polo mundo adiante, lendo as novas que traía “El Pueblo Gallego”, o xornal ao que estaban subscritos os dous zoqueiros. Nas longas noites de inverno, ao resplandor do lume e ao redor da lareira, limpaban as zocas colocándoas contra o prato ou “barrigueira” para darlles o remate definitivo co bastrén ou co rebocador e os sábados ían vendelas ao “mercado das zocas” en Ferreira. Así era este nobre oficio que cumpría tamén unha función social e servía de fonte de información moito máis veraz que outros medios de desinformación máis modernos que nos pintan o mundo ao revés. 

 Eliseo Expósito “Marquesado”, era natural de Recaré e o seu compadre e amigo Xosé Blanco Ares “Xurucido”, de San Tomé…o meu avó.




viernes, 23 de junio de 2017

SARGADELOS

Carmen, decoradora
Técnica mixta



Nenos na fábrica
Xilografía

RETRATOS DE CARME

Técnica mixta















lunes, 19 de junio de 2017

PORTADA E ILUSTRACIÓNS PARA LIBRO DE TEATRO AFECCIONADO DE XOSÉ VÁZQUEZ PEINÓ



A caixa de Pandoriña

A epidemia



Portada



A máquina do tempo
A pedreira
A verdadeira historia
de Parvo de Cel

Alí ven teu pai
Asasinato na tenda de roupa
Bruxas, vampiros, trasgos
 e fantasmas


Coidadiño no camiño
Cousas de vellos
Cursiño antimachista

Deusas
Diñeiro negro
Ladronzuelos no Belén



Non volvas, Salustio,
non volvas
O inimigo público
número 1
O caldeiro máxico


O príncipe debe casar
Os paramandrús cos azuis
Revolución no ximnasio





domingo, 18 de junio de 2017

RETRATOS FAMILIARES

"Toño"
Acrílico,  61 X 38 cm.


"A familia"
Acrílico, 73 X 60 cm. 
 "Autorretrato"
Acrílico,  61 X 38 cm.