lunes, 17 de septiembre de 2012

NOVAS VIDREIRAS


CATRO DESEÑOS DE VIDREIRAS PARA UNHA VIVENDA UNIFAMILIAR EN
A LAXE - O VALADOURO
150 X 95 cm


 
 

sábado, 7 de julio de 2012

CARTEL DA FESTA DO OVO FRITO 2012 EN CERVO

Técnica:  Témperas estarcidas
Tamaño:  55 X 23,5 cm


domingo, 10 de junio de 2012

AS MIÑAS ÁRBORES



A árbore da vida é a representación da perfecta armonía. Os doce froitos das súas ponlas son a recompensa do crecemento espiritual, entre elas a sabedoria, o amor e a beleza. Os froitos son manifestacións do sol. A inmortalidade é un don que reciben os que comen ou beben a esencia extraida da propia árbore.
Se a Árbore da Vida está situada no centro do Paraíso, no meu Edén imaxinario hai outras Árbores da Vida co seu nome própio, que dan os seus froitos, protexen e dan acobillo, serven de espazos lúdicos, son a morada das aves e outros seres vivos, arrecenden o ár enchendo de beleza a paisaxe e son o aquel das seguintes…
É árbore centenaria e pai de tódalas árbores:
O CARBALLO DA ESTIVADA
É a árbore que abriga as ribeiras do rio e coa súa madeira tamén abriga os pés do frio e da auga.
É...O BIDUEIRO DAS ZOCAS
A árbore que nasce no curuto dunha rocha é fogar dos merlos e resiste o vendaval.
É...O LOUREIRO DO CABANOTE
A árbore casi inaccesible para chegar aos seus froitos doces e carnosos.
Era...A CERDEIRA PEDRESA
Eran árbores de especie e orixe descoñecida polos seus froitos: doces”,“de limón”, “do inverno” e “de Sargadelos”.
Eran...OS MACIÑEIROS DO LAMOTE
Dúas árbores que medran en parella e ás que lles nacen fillos de ámbolos dous sexos.
Son...A PEREIRA E O PEREIRO
Miran ao abrente, están sempre verdes e son xenerosas en froitos.
Son...OS LIMOEIROS DO XURUCIDO
A árbore dos froitos estivais, moi presente na memoria e con reminiscencias infantís.
Era...A FIGUEIRA DE SECUNDINO
É árbore pequena pero abondosa de sensuais froitos e con tentacións nocturnas e clandestinas.
É...A AMEIXEIRA AMARELA
A árbore eclesiastica e maxestuosa a bautizada polos fregreses
Era...ANOGUEIRA DO CURA
A árbore máis belida do monte, de froitos bermellos -mantenza dos páxaros- follas defensivas e sempre verdes.
É...O ACIBRO DA FRAGA
As árbores do souto desaparecido.
Eran...OS AMIEIROS DO REGUENGO
Aárbore que chegaba ao ceo.
Era...O ALCIPRESTE XIGANTE DA VERDEAL
A árbore máis “fina”, protexida e obxeto de desexo.
Era...A LARANXEIRA DE PARDEIRO
Árbore ben plantada, esbelta e lanzal que rematóu sendo vítima do tronzador.
Era...O PIÑEIRO DA ONZA
A árbore da sombra no camiño, frondosa e de doces e bermellos froitos.
Era...A BREVEIRA DE VILAR
A árbore dos froitos outonais, exuberante e agarimosa nos calores estivais.
É...O CASTIÑEIRO DA ESCOURA.
As árbores que arrodeaban e louvaban aos xogadores.
Eran...OS ALAMOS DO XOGADOIRO
As árbores que enchian o ár dun arrecendo amarelo.
Eran...AS MIMOSAS DO COTO
Era a árbore que algún tempo fora árbore e que gardaba no seo o cristo de pedra da lenda do home que morreu alí esmagado por perxurar.
Era...A CACHOPA DO CRISTO




A roda do andacamiños vai xirando


sábado, 5 de mayo de 2012

LOGOTIPOS PARA O SEVA

Serie de logos propostos para escoller o que represente ao recentemente creado Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA).