sábado, 9 de marzo de 2013

VIDREIRA REALIZADA PARA VIVENDA UNIFAMILIAR EN ALAXE (O VALADOURO)



O MAR DE PEIZÁS
VIDREIRA 104 X 84

A forza e a cor do mar de Peizás vai entrar pola vidriera… que sube polos prados de Marzán cara ao Bispo Santo, San Martiño e Sta. Cilla, agancha ata Pena Frouxeira, bota unha ollada ao redor, e colle –polo camiño do Mariscal– cara Carballido. Xa no Castrodouro, dende a torre-fortaleza, a forza e a cor deste mar enfía a súa andaina cara a Ferreira, fai alí unhas reviravoltas ata Tanín, onde xirará cara as Penas de Alaxe e Tras dos Ríos. Moi preto xa do seu destiño, colle o camiño da Granda e vai atopar o seu refuxio que será para sempre o seu fogar… a luz e o lecer dos ollos.

A roda do andacamiños vai xirando