miércoles, 11 de septiembre de 2013

A CENTRAL DO CANEDO E A LUZ DE CANOURA

Técnica: Oleo
Medidas: 66 x 41 cms.

A auga do río de Paredes, represada no canal da Onza, baixaba polo monte abaixo, en gran desnivel, dentro dunha gran cañota de ferro e chegaba á Central do Canedo transformando a súa forza en enerxía eléctrica. A potente turbina movía aquela maquinaria facendo un son monótono, fondo e medoñento dentro daquela sá de chán axedrezado e paredes decoradas ao estilo modernista.

Aquel lugar estaba prohibido aos máis cativos que ollábamos ao traveso dos vidros das portas-ventás, con curiosidade e admiración.

A forza daquela máquina, que facía tremer o chán con poleas, reloxos e cables que facían reviravoltas, rodas de diferentes formas e tamaños… ademais de mover os muiños, producía a chamada popularmente luz de Canoura, que alumeaba a vila de Ferreira e outras aldeas do Valadouro.

Aquí e acolá, chantados nas beiras e nos balados dos camiños estaban os vellos postes de madeira cos seus isoladores de louza e vidro sostendo os arames coa “corrente” para as longas noites do inverno…


A roda do andacamiños vai xirando